Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50665

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 12 de novembro de 2018 pola que se dispón o cesamento dun vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa-FECA,

DISPOÑO:

O cesamento de Luís García-Reboredo Mendoza como vogal representante das organizacións empresariais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2018

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar