Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50790

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 236/2018).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 236/2018

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 715/2017

Sobre: despedimento

Demandante: Juan Evaristo Rodríguez Enjamio

Avogada: María Laura López Nieto

Demandados: Fogasa, Aparcamientos Labacolla, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa (...)

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 236/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Evaristo Rodríguez Enjamio contra a empresa Aparcamientos Labacolla, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto en data 7 de novembro de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Juan Evaristo Rodríguez Enjamio fronte a Aparcamientos Labacolla, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a

A letrada da Administración de xustiza».

... Digouse igualmente dilixencia de ordenación, onde se sinalaba a comparecencia, co fin de oír as partes, que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018.

Tras exixir o traballador Juan Evaristo Rodríguez Enjamio o cumprimento por parte do empresario Aparcamientos Labacolla, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución de sentenza, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 27 de decembro de 2018, ás 9.15 horas, para a realización da comparecencia

De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante, o acto terá lugar sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do/dos demandado/s por medio de edictos.

Notifíqueselles ás partes e a Aparcamientos Labacolla, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente esta contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial e para a comparecencia sinalada fanse as seguintes prevencións:

1º. A non comparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a realización da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Débelle comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º da LAC), facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados; así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión da comparecencia.

E para que lle sirva de notificación e citación a Enasa System, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza