Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50783

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 132/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de José Manuel González Suárez contra a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.L. se acordou notificar parte dispositiva de auto e decreto de data 5 de novembro de 2018, ditado no procedemento ETX 132/2018 a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.L., en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Manuel González Suárez, fronte á Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., parte executada, por importe de 3.580,02 euros de principal e de 492,13 euros de xuros do artigo 26 e 29.3 do ET, máis 407,21 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco de Santander, conta número 5076 0000 64 0132 8, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco de Santander, conta número 5076 0000 64 0132 8, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnado utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a xuíz/a

A letrada da Administración de xustiza».

«Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3, e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Compañía de Protección e Vigilancia Galaica, S.A., dar audiencia previa á parte demandante José Manuel González Suárez e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 00301846420005001274, no Banco de Santander, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza” (5076 0000 64 0132 18). Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Compañía de Protección e Vigilancia Galaica, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza