Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da subministración de equipamento de cociña, con adecuación de espazos, con destino ao novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (expediente AB-SER3-18-002).

1. Poder adxudicador.

a) Nome: Servizo Galego de Saúde.

b) Número de identificación fiscal: Q6550006H.

c) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión.

d) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

e) Localidade: Santiago de Compostela.

f) Código postal: 15781.

g) País: España.

h) Código NUTS: ES11.

i) Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 00 73 (cuestións técnicas).

j) Fax: 881 54 27 62.

k) Correo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

l) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.gal

2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. Principal actividade exercida: saúde.

3. Central de compra/outra forma de contratación conxunta: non procede.

4. Código CPV: 39314000-8 (equipo para cociñas industriais).

5. Código NUTS: ES113.

6. Descrición da licitación: dotación e equipamento complexo da cociña, con adecuación de espazos, con destino ao novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, así como o sistema necesario de distribución de alimentos a pacientes, bandexas e vaixela incluídas, para levar a cabo a prestación do servizo de restauración aos pacientes. Inclúe tamén a adaptación e/ou remodelación dos locais destinados a cociña. Intégrase coa prestación principal, as adecuacións necesarias para a subministración, instalación e equipamento dos sistemas de distribución de alimentos das cociñas satélite nos centros dependentes.

a) Número de expediente: AB-SER3-18-002.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Admisión de variantes: non.

7. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, multicriterio e suxeito á regulación harmonizada.

8. Información sobre acordo marco/sistema dinámico de contratación: non procede.

9. Criterios de adxudicación.

a) Oferta económica: 55 %.

b) Duración da garantía: 5 %.

c) Tempo resolución avisos ordinarios: 5 %.

d) Anteproxecto técnico de adecuación de locais e instalacións: 25 %.

e) Organización do servizo e da súa trazabilidade: 10 %.

10. Data de adxudicación do contrato: 31 de outubro de 2018.

11. Número de ofertas recibidas: 3.

a) Número de ofertas recibidas de operadores económicos que sexan pequenas e medianas empresas: non consta.

b) Número de ofertas recibidas doutro Estado membro ou dun país terceiro: ningunha.

c) Número de ofertas recibidas por vía electrónica: ningunha.

12. Datos de adxudicación.

a) Nome: Fagor Industrial, S. Coop.

b) NIF: F20040028.

c) Enderezo: rúa Edison, nº 33, 28906 Getafe (Madrid).

d) Código NUTS: ES112.

e) Teléfono: +34 915 19 20 36 e fax: +34 915 19 12 57.

f) Enderezo da internet: r.sanblas@fagorindustrial.com

g) Peme (segundo normativa europea): non.

h) Agrupación de empresas: non consta.

13. Valor da oferta seleccionada: importe 3.145.391,90 euros, 21 % do IVE incluído.

14. Valor e proporción dos contratos que se prevexa subcontratar a terceiros: non consta.

15. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: non.

16. Procedemento de recurso.

a) Tipo: recurso administrativo potestativo de reposición.

b) Órgano competente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Prazo de presentación de recurso: un (1) mes a partir da notificación da adxudicación.

d) Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos, Servizo de Xestión:

1º. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

2º. Teléfono: 881 54 18 38 (cuestións administrativas).

3º. Correo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

17. Datas e referencias de publicacións anteriores.

a) Publicación do anuncio de licitación:

1º. DOG núm. 55, do 19 de marzo de 2018.

2º. BOE núm. 65, do 15 de marzo de 2018.

3º. Perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.gal).

4º. Plataforma de contratos de Galicia o 19.3.2018 (www.contratosdegalicia.gal).

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos