Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar de animais de compañía de Galicia, así como en materia de pesca fluvial ANI-CO-0014/2018-V e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 19 de novembro de 2018

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

ANI-CO-0014/2018-V

Iván Couselo García

Rectificación de erros do acordo de inicio

Xefa territorial

ANI-CO-0001/2018-V

Flora Barros Gómez

Resolución

Xefa territorial

ANI-CO-0087/2018-V

Isabel López Villar

Acordo de inicio

Xefa territorial

PES-CO-0001/2018-V

Alexei Solana Mendoza

Resolución

Xefa territorial

ANI-CO-0102/2018-V

Julia Veloso Morgade

Acordo de inicio

Xefa territorial