Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de novembro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se cita as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de danos ao dominio público viario 290/2017-CO e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles as persoas, relacionadas no anexo, o acto que se indica, despois de intentar sen éxito a notificación persoal, a través do servizo de Correos.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen do prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar este acto na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da AXI na Coruña.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que a persoa interesada comparecese, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 19 de novembro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada

Acto notificado

290/2017-CO

Fátima Raquel Pernas Orro

Resolución

38/2018-CO

Josefa Caamaño González

Resolución

267/2018-CO

Mª Dolores Primo Rodríguez

Acordo de inicio