En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei 14/2011, do 16 de novembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, sobre transformación de cooperativas noutras sociedades, faise público que a asemblea xeral da cooperativa Gandeiría Montemaior, Sociedade Coop. Galega, con enderezo social en Vilariño, nº 12, Montemaior, 15145 A Laracha (A Coruña), en xunta xeral extraordinaria universal dos socios do 26 de outubro de 2018 no enderezo social da dita cooperativa, acordou por unanimidade, despois de aprobar o balance da sociedade previamente auditado externamente, cerrado o día anterior, 25 de outubro de 2018, a transformación da citada cooperativa nunha sociedade de responsabilidade limitada, coa denominación Gandeiría Montemaior, Sociedade Limitada, co mesmo enderezo social e obxecto social da cooperativa transformada, o que para estes efectos certifica o secretario co visto e prace do presidente.
A Laracha, 22 de novembro de 2018
Manuel Cambón Faca
Secretario de Gandeiría Montemaior, S. Coop. Galega
Visto e prace
Carlos Gonzalo Pallas Vázquez
Presidente de Gandeiría Montemaior, S. Coop. Galega