Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-CO-0338-2018 CAF.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 15 de novembro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0338-2018 CAF.

Denunciada: Antonia Fandiño Couceiro.

Acto de notificación: acordo de inicio.