Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2018 Páx. 50416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada no expediente de subvención das axudas para o fomento das frondosas caducifolias 12270024/2008.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), notifícase á persoa interesada que figura no anexo a resolución do procedemento polo que se declara a perda do dereito ao cobramento dos traballos de forestación e a prima de mantemento da anualidade 2010, no expediente de subvención número 12270024/2008 (Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, sitas na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Se non comparece no prazo indicado, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle á persoa interesada un prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da notificación da resolución, para interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte o da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que considere pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Este anuncio tamén se publicará no Diario Oficial de Galicia, pero a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: subvención número 12270024/2008.

Persoa interesada: Fermín López Fernández.

Acto de notificación: resolución da perda do dereito ao cobramento dos traballos de forestación e a prima de mantemento da anualidade 2010.