Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:
– Resolución: 30 de xullo de 2018.
Referencia: 14-05-03-C-2.
Obxecto: prórroga da concesión administrativa de ocupación dun local con destino a almacén para aparellos de pesca.
Porto: Burela.
Concesionaria: Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela.
Prazo: ata o 8 de outubro de 2025.
Taxas: 15.348,9 € en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
Superficie concedida: 1.741,5 m2.
Investimento: 0.
– Resolución: 12 de setembro de 2018.
Referencia: 13-05-11-C-2.
Obxecto: cambio de titularidade da concesión outorgada a José Barros Cuervo para a construción e explotación de instalacións de subministro de combustible a embarcacións.
Porto: Vilanova de Arousa.
Concesionaria: Peidadovil, S.L.
Prazo: 31 de xaneiro de 2038.
Taxas: 1.152,1 € en concepto de TODP e o 1,05 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
Superficie concedida: 341 m2.
Investimento: 0.
– Resolución: 26 de setembro de 2018.
Referencia: 14-05-90-C-1.
Obxecto: outorgamento da prórroga, ampliación de prazo extraordinario e cambio de usos da concesión para varadoiro de buques.
Porto: Burela.
Concesionaria: Varaderos Vibu, S.L.
Prazo: 8 de xaneiro de 2038.
Taxas: 17.721,45 € en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
Superficie concedida: 5.460 m2 en terra e 2.270 m2 de instalacións somerxidas.
Investimento: 196.164,60 €.
– Resolución: 15 de outubro de 2018.
Referencia: 13-20-17-C-1.
Obxecto: ocupación e explotación das instalacións de bar-cafetería e servizos complementarios para os usuarios da estación marítima.
Porto: Cangas.
Concesionaria: Susiacuña, S.L.U.
Prazo: 10 anos.
Taxas: 7.346,92 € en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
Superficie concedida: 110 m2.
Investimento: 29.669,46 €.
– Resolución: 18 de outubro de 2018.
Referencia: 12-37-03-C-1.
Obxecto: prórroga da concesión outorgada para a construción dunha nave para manipulación, depuración, cetaria e centro de expedición de pesca e marisco.
Porto: Portocubelo.
Concesionario: Gabriel Lestón Romero.
Prazo: ata o 15 de xaneiro de 2026.
Taxas: 555,10 € en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
Superficie concedida: 334,40 m2.
Investimento: 0.
– Resolución: 25 de outubro de 2018.
Referencia: 14-05-05-C-1.
Obxecto: modificación non substancial de obras de mellora na concesión para subministro de gasóleo a buques.
Porto: Burela.
Concesionaria: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.
Prazo: 20 de xullo de 2020.
Taxas: 13.069,10 € en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
Superficie concedida: 815,72 m2 en superficie e 972,86 m2 de instalacións soterradas.
Investimento: 7.647 €.
– Resolución: 30 de outubro de 2018.
Referencia: 13-08-91-C-2.
Obxecto: modificación non substancial da concesión outorgada con destino á reordenación da praza do Corgo, para autorizar a instalación de pista de skateboard e renuncia parcial na zona de servizo.
Porto: O Grove.
Concesionario: Concello do Grove.
Prazo: ata o 5 de outubro de 2021.
Taxas: 0.
Superficie concedida: 6.394 m2.
Investimento: 49.999,38 €.
– Resolución: 30 de outubro de 2018.
Referencia: 14-05-03-C-1.
Obxecto: prórroga da concesión de almacén de aceites, materiais de repostos para barcos e taller de reparación das súas pezas.
Porto: Burela.
Concesionaria: Frenos Carpe, S.L.
Prazo: ata o 12 de setembro de 2025.
Taxas: 919,46 € en concepto de TODP e 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
Superficie concedida: 297 m2.
Investimento: 0.
– Resolución: 30 de outubro de 2018.
Referencia: 13-03-97-C-1.
Obxecto: 4ª prórroga da concesión para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión indirecta do servizo de lonxa.
Porto: Vilaxoán.
Concesionaria: Confraría de Pescadores Virxe do Rosario de Vilaxoán.
Prazo: ata o 25 de xullo de 2022.
Taxas: 588,18 € en concepto de TODP e en concepto de ACIS o importe da taxa será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.
Superficie concedida: 583 m2.
Investimento: 0.
– Resolución: 7 de novembro de 2018.
Referencia: 13-05-17-C-1.
Obxecto: construción e explotación de nave para venda de efectos navais.
Porto: Vilanova de Arousa.
Concesionaria: Efectos A Basella, S.L.
Prazo: 15 anos.
Taxas: 809,58 € en concepto de TODP e o 1,5 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
Superficie concedida: 206 m2.
Investimento: 71.806,98 €.
– Resolución: 7 de novembro de 2018.
Referencia: 13-08-96-C-1.
Obxecto: prórroga da concesión outorgada con destino á construción dun pavillón de deportes náuticos.
Porto: O Grove.
Concesionario: Concello de O Grove.
Prazo: ata o 1 de outubro de 2026.
Taxas: 3.633,84 € en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
Superficie concedida: 1.150 m2.
Investimento: 41.156,64 €.
Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.
Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia