Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50159

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 15 de novembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 17 de setembro de 2018 (DOG núm. 186, do 28 de setembro).

Segundo. Adxudicar destino nos postos de traballo que se indican ás persoas que se relacionan no anexo da presente orde.

Terceiro. Declarar deserto o posto Xefatura de servizo de desenvolvemento pesqueiro, código: PEC040000015770110, dependente da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Cuarto. O cesamento no actual destino das persoas que obtiveron praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para a toma de posesión dos novos destinos será de tres días hábiles se non implican cambio de residencia ou de sete días hábiles se comportan cambio de residencia. Cando os/as adxudicatarios/as do posto obteñan coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lles concedesen ás persoas designadas. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.

Quinto. A xefatura de persoal do centro onde causen baixa os/as funcionarios/as, así como a daquel en que obteñan destino, efectuarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.

Sexto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG núm. 180, do 21 de setembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Apelidos e nome

NRP

Grupo

Denominación

Código

Centro destino

Localidade

Corbal González, Roberto

3606771924A2060

A1

S.X. de Coord. Orzament. e Contrat.

PE.C02.00.002.15770.001

30

S.X. de Coord. Orzamnt. e Contrat.

Santiago de

Compostela

Álvarez Romero, Enrique

3242669024A2060

A1

S.X. Xestión, Ensino e RR.SS.

PE.C04.00.001.15770.001

30

S.X. Xestión, Ensino e RR.SS.

Santiago de Compostela

Otero Peña, Alberto José

3263717435A2068

A1

S.X. Invest. e Apoio Cient.-Técnico

PE.C04.00.003.15770.001

30

S.X. Invest. e Apoio Cient.-Técnico

Santiago de Compostela

Gabín Sánchez, Carlos

7635101713A2093

A1

Director/a

PE.C99.40.201.36600.001

28

Centro Investigacións Mariñas

Corón. Vilanova de Arousa

Barreiro González, Juan Carlos

3276255135 A2067

A1

Xefe/a territorial

PE.C99.10.000.15001.001

28

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

Fernández Asensio, Pablo Ramón

0307627124A207B

A2

Xefe/a territorial

PE.C99.10.000.27650.001

28

Xefatura Territorial de Lugo

Celeiro

Lorenzo Santos, Sonia

3604199535A2060

A1

Xefe/a territorial

PE.C99.10.000.36560.001

28

Xefatura Territorial de Vigo

Vigo