De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-253/2018-PPM e tres máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.
A Coruña, 13 de novembro de 2018
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado/a |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-253/2018-PPM |
Josefa Lestón Antelo |
32247697H |
Resolución |
A Laxe, Ézaro, Dumbría |
PSC-CO-423/2018-PPM |
Yasier Elis Torres |
49863676k |
Resolución |
Carretas, 23, 2º, Santiago de Compostela |
PSC-CO-425/2018-PPM |
Idrissa Fall |
Y1891133H |
Resolución |
Loureiro, 61, S. Pedro de Visma, A Coruña |
PSC-CO-511/2018-PPM |
José Ángel Vilas Martínez |
79331327A |
Resolución |
Alfredo Saralegui, 40, 2º esqda., Fisterra |