Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50136

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 19 de novembro de 2018 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 379381.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Incremento de financiamento

Increméntase en 1.249.048,64 euros o importe total destinado á concesión das axudas ao abeiro dos programas I e II da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 26 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018), quedando a orde cun importe total de 3.399.048,64 €.

Este incremento afecta os programas I e II da orde, de acordo coa seguinte distribución:

Programa I (TR802G): 737.400,00 € (09.40.324C.470.0; proxecto 2016 00306).

Programa II (TR802J): 511.648,64 € (09.40.324C.470.1; proxecto 2016 00306).

Este incremento da dotación aténdese con fondos finalistas dispoñibles do mesmo servizo e programa, logo da xeración de crédito efectuada no proxecto 2016 00306, nas aplicacións orzamentarias 09.40.324C.470.0 e 09.40.324C.470.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Segundo. Prazo de solicitude

Esta modificación non afecta os prazos establecidos para a presentación de solicitudes na Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018.

Terceiro. Prazo de xustificación das accións subvencionables

A data máxima de presentación da solicitude de pagamento e xustificación das accións subvencionables será a que se sinale na resolución de concesión e, como máximo, o 17 de decembro de 2018.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria