De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedimiento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), logo de intentar sen éxito a notificación da resolución de finalización de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2013/009 no último domicilio social coñecido da entidade Voga Desarrollo, S.L., notifícase por medio da presente cédula no Boletín Oficial del Estado aos interesados o contido do dito acto como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.
Contra esta resolución, que consonte o artigo 38.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da dita publicación, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Os interesados, durante este prazo, poderanse presentar nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2018
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Proxecto: IN525A-2013/009.
Nome ou razón social: Voga Desarrollo, S.L.
CIF/NIF: B70201983.
Axuda: Resolución do 10 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN525A).
Contido do acto administrativo: resolución de finalización de expediente de reintegro de subvención.