Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato para a autorización de ocupación de dominio público de diversos espazos da EOXIPS no Hospital Montecelo e nos centros de atención primaria para a instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e frías e alimentos sólidos (expediente AB-EIP1-18-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-18-005.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: autorización de ocupación de dominio público de diversos espazos da EOXIPS no Hospital Montecelo e nos centros de atención primaria para a instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e frías e alimentos sólidos.

b) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 152, do 9 de agosto de 2018, na web do Servicio Galego de Saúde e plataforma de contratos de Galicia o 9 de agosto de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Canon mínimo de licitación: 300 € por máquina e ano.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de setembro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 28 de setembro de 2018.

c) Contratista: Maxelga 93, S.L. (CIF: B36711075).

d) Importe ou canon de adxudicación: 3.172,42 € por máquina e ano. Canon total anual de 29 máquinas: 92.000,18 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 17 de outubro de 2018

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés