Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa da área provincial do IGVS.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 13 de novembro de 2018
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Asunto: notificación en relación co procedemento bono de alugueiro social do Plan RehaVita. Participación no programa de subvencións.
Expediente |
Persoa interesada |
DNI/NIE/NIF |
36-BONAL-013/2018 |
Francisco Javier Plazas Diz |
...231D |
36-BONAL-036/2018 |
María Livia Santos de Santana |
…769Y |
36-BONAL-055/2018 |
Ana María Otero García |
...858P |