Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 50030

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo para cubrir, con persoal laboral fixo, cinco prazas de axente de emerxencias e protección civil.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 208, do 31 de outubro de 2018, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, cinco prazas de axente de emerxencias e protección civil, con nivel de titulación de certificado de escolaridade ou equivalente, vacantes no cadro de persoal do concello. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 57, do 23 de marzo de 2018. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Logo da dita publicación os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oleiros, 31 de outubro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 2797/2015, do 8 de xullo)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal