Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 49971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (135/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 135/2018, seguido por instancia de María del Carmen Sánchez Barreiro contra Hostelería Heroica, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza núm. 177/2018, do 19 de setembro, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Heroica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza