Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de apoio na adecuación ao regulamento UE 2016/679, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, dos tratamentos de datos persoais realizados na Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0043).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: esta contratación ten por obxecto o servizo de apoio no deseño e implantación das medidas necesarias para lograr a adecuación ao Regulamento xeral de protección de datos, Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, na Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13.3.2018.

DOUE: 13.3.2018.

BOE: 16.3.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.124.345,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 856.819,15 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19.9.2018.

b) Data de formalización do contrato: 9.11.2018.

c) Contratista: Oesía Networks, S.L.

d) Importe de adxudicación: 667.852,48 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia