Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2018 Páx. 49890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 25 de outubro de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se require a retirada dos mobles dunha vivenda desocupada (expediente PO-83/540, conta 10).

Ao abeiro do previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requíreselles a aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que están na vivenda desocupada, de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada na rúa Anduriña, nº 5, 9º A, Vigo (Pontevedra), para que, unha vez acreditado o dereito a eles, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1 da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, nº 7, Pontevedra (teléfono 986 80 56 15).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 25 de outubro de 2018

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra