Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do luns 19 de novembro de 2018, procédese a efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 49570 e 49571, no punto 1.3., onde di:
«1.3. Operacións técnicas, emisións e mantemento técnico:
Operacións técnicas:
– 2 técnicos electrónicos/técnicos electrónicos de primeira de mañá.
– 1 técnico electrónico/técnico electrónico de primeira de tarde.
– 1 técnico electrónico/técnico electrónico de primeira de noite».
Debe dicir:
«1.3. Operacións técnicas, emisións e mantemento técnico:
Operacións técnicas:
– 2 técnicos electrónicos/técnicos electrónicos de primeira de mañá.
– 2 técnicos electrónicos/técnico electrónico de primeira de tarde.
– 1 técnico electrónico/técnico electrónico de primeira de noite».
Na páxina 49571, no punto 1.4., onde di:
«1.4. Medios de produción:
a) Televisión de Galicia:
Iluminación:
– 1 técnico de iluminación de mañá.
– 1 técnico de iluminación de tarde».
Debe dicir:
«1.4. Medios de produción:
a) Televisión de Galicia:
Iluminación:
– 1 iluminador de mañá.
– 1 iluminador de tarde».
Na páxina 49573, no punto 1.4. «Medios de produción:
a) Televisión de Galicia»:
Non procede o apartado e debe suprimirse:
«Edición avanzada:
– 2 operadores montadores de vídeo de mañá.
– 1 operador montador de vídeo de tarde».
Na páxina 49574, no punto 3.1., onde di:
«Informativos:
Televisión de Galicia:
– 1 locutor de TV de mañá.
– 6 redactores de mañá.
– 2 auxiliar de redacción de mañá.
– 2 auxiliares de redacción de tarde.
– 2 redactores de tarde.
– 6 reporteiros gráficos de mañá.
– 1 reporteiro gráfico de tarde».
Debe dicir:
«Informativos:
Televisión de Galicia:
– 1 locutor de TV de mañá.
– 6 redactores de mañá.
– 1 auxiliar de redacción de mañá.
– 2 auxiliares de redacción de tarde.
– 2 redactores de tarde.
– 6 reporteiros gráficos de mañá.
– 1 reporteiro gráfico de tarde».
Na páxina 49574, no apartado 3.1., onde di:
«Radio Galega:
– 2 redactores de noite.
– 3 redactores de mañá.
– 2 redactores de tarde».
Debe dicir:
«Radio Galega:
– 1 redactor de noite.
– 3 redactores de mañá.
– 2 redactores de tarde».
Na páxina 49577, no punto 2, onde di:
«Área de información e documentación:
Televisión de Galicia:
– 2 redactores de mañá.
– 1 redactor de tarde.
– 1 reporteiro gráfico de mañá.
– 1 reporteiro gráfico de tarde».
Debe dicir:
«Área de información e documentación:
Televisión de Galicia:
– 1 redactor de mañá.
– 1 redactor de tarde.
– 1 reporteiro gráfico de mañá.
– 1 reporteiro gráfico de tarde».