Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de asistencia técnica no control e asesoramento de Augas de Galicia aos concellos galegos na explotación das súas instalacións de depuración de augas residuais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.388.388.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal, Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: asistencia técnica no control e asesoramento de Augas de Galicia aos concellos galegos na explotación das súas instalacións de depuración de augas residuais.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71356200-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 27.2.2018 (c.e. 20.3.2018) 2.3.2018 (c.e. 21.3.2018) 3.3.2018 (c.e. 20.3.2018).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 6.400.672,89 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas, así como os das modificacións contractuais previstas á alza de carácter técnico.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 2.630.847,69 euros. Importe total: 3.183.325,70 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de agosto de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 24 de outubro de 2018.

c) Contratista: Adantia, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 2.095.345,98 euros. Importe total: 2.535.368,64 euros.

e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia