Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49690

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle.

Aprobado inicialmente por Acordo da Xunta de Goberno Local de data do 29 de outubro de 2018 o estudo de detalle de iniciativa privada de modificación das aliñacións nunha área delimitada no solo de núcleo rural de extensión de Baronzás, deste municipio, elaborado en xuño de 2018 pola arquitecta Julia Santana Valencia e co que se propón exclusivamente é completar e reaxustar as aliñacións establecidas no PXOM de Xinzo de Limia:

1. Suprímese a aliñación oficial fixada a 3,00 m da liña de cerramento na fronte da parcela. No seu lugar, establécese un recuamento mínimo de 3,00 m respecto da liña de cerramento.

2. Suprímese tamén o fondo máximo edificable establecido en 14,00 m. Non tería sentido por tratarmos dunha tipoloxía edificatoria de vivenda unifamiliar onde non se persigue a uniformidade.

3. Mantéñense os recuamentos exixibles a lindes laterais e posterior (3,00 m).

4. Non se modifican os parámetros xa establecidos de ocupación (25 %) e de edificabilidade (0,6 m2/m2).

En cumprimento do acordo da Xunta de Goberno Local de data do 29 de outubro de 2018 e do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle leva a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado polo mesmo, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Xinzo de Limia, 30 de outubro de 2018

Manuel Cabas López
Alcalde