Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de dotacións e infraestruturas en solo rústico en Xoane, concello de Carballo (expediente 2018AAE2231; código 2113/2018).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 16 de outubro de 2018 sobre o Plan especial de dotacións e infraestruturas en solo rústico en Xoane, concello de Carballo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático