Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto da liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do parque eólico Acibal, no concello de Moraña (clave 2018/0019).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 3 de outubro de 2018 relativo ao proxecto da liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do parque eólico Acibal, concello de Moraña, promovido por Norvento, S.L.U.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático