Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49605

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2018.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do primeiro e segundo cuadrimestre do ano 2018, que se incorporan como anexo a esta resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2018

Sol María Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura convenio

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

1 de marzo de 2018

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia-Adicae-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

25.000 €

1 de marzo de 2018

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

1 de marzo de 2018

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Unión de Consumidores de Galicia-Ucgal para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

25.000 €

1 de marzo de 2018

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia-Fuciga para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

1 de marzo de 2018

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo e a arbitraxe de consumo

30.000 €

7 de abril de 2018

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior para o desenvolvemento de actividades de formación no programa consumo sénior

9.000 €

21 de marzo de 2018