Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se que se fai pública a formalización do contrato dos servizos de xestión de proxectos e desenvolvemento para a evolución de aplicacións departamentais, cofinanciado nun 80 % con fondos Feder Galicia 2014-2020 (expediente AB-SER1-18-025).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-18-025.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de xestión de proxectos e desenvolvemento para a evolución de aplicacións departamentais dos centros do Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 54, do 16 de marzo de 2018.

Boletín Oficial del Estado nº 65, do 15 de marzo de 2018.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2018/S 046-101177, do 7 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.417.600 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.708.800 euros. Importe total: 2.067.648 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 11.7.2018.

c) Contratista: Bahía Sotfware, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.537.920 euros. Importe total: 1.860.883,20 euros.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos