Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2018/122-1).

Nº de expediente: IN407A 2018/122-1.

Promotora: Industrial Barcalesa, S.L.

Denominación da instalación: LMT, LBT e CST Fontecada-Gandarela.

Concello: Santa Comba.

Feitos.

1. O 29 de xuño de 2018, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as seguintes:

• CT e S (CT e seccionamento) Fontecada, en envolvente prefabricada, con trafo de 100 kVA en configuración 4L+1P, que realizará a función de seccionamento na LMTA existente liña principal (LP) Babión-Catro Ventos (expediente IN407A 1998/409-1) con dúas celas de entrada para as liñas que veñen do PF Catro Ventos e do PF Babión, unha cela de saída para a LMT existente derivación (DER) a Busto (Ordoeste) (expediente 51.813) e outra cela de saída de reserva. Instalarase un CBT para as RBT que sairán do CT e S proxectado.

• Entrada núm. 1: LMTS a 20 kV, de 24 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no PA/S do apoio núm. 19-20 (C-3000/16) proxectado, en substitución do HV-630/15 existente, en derivada coa (LP) Babión-Catro Ventos (expediente IN407A 1998/409-1), que provén do PF Catro Ventos que conecta a rede de distribución de Industrial Barcalesa, S.L. coa de Unión Fenosa Distribución, S.A., e remate no CT e S proxectado.

• Entrada núm. 2: LMTS a 20 kV, de 219,76 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado en apoio núm. 17-18 existente (HV-1600/13), en derivada da (LP) Babión-Catro Ventos (expediente IN407A 1998/409-1), que provén do PF Babión, que conecta a rede de distribución de Industrial Barcalesa, S.L. coa de Unión Fenosa Distribución, S.A. e remate no CT e S proxectado.

• Saída: LMTS a 20 kV, de 24 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no CT e S proxectado, establecendo a orixe da derivada a Busto (expediente 51813) e remate no paso A/S do apoio núm. 19-20 proxectado (C-3000/16), en substitución do existente.

• Retirada LMTA, de 20,92 m, entre os apoios existentes núm. 17-18 e 18-19.

• Retirada LMTA, de 35,93 m, entre os apoios existentes núm. 19-20 e o apoio do CT Aserradero Gandarela.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 93.794,93 €.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal achegará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 6 de novembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña