Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2018 Páx. 49473

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2018 pola que se adxudican as axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 31 de maio de 2018.

A Resolución da Axencia Galega de Innovación do 31 de maio de 2018 (DOG núm. 127, do 4 de xullo) estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procedeu a súa convocatoria para o ano 2018.

Os artigos 3 e 4 desta resolución de convocatoria establecen os requisitos que deben cumprir, respectivamente, os beneficiarios e as unidades mixtas de investigación para poder optar ás axudas.

A comisión de selección prevista no artigo 16 das bases reguladoras, reunida o 5 de novembro de 2018, elaborou unha proposta de financiamento das solicitudes por orde decrecente da puntuación acadada, tendo en conta os informes de valoración emitidos polos avaliadores.

No artigo 20 da convocatoria regúlanse a resolución e a notificación destas axudas unha vez que a comisión de selección seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concreten o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos nos artigos 17 e 18.

De acordo con isto,

RESOLVO:

Conceder as axudas para a creación e posta en marcha das unidades mixtas de investigación que figuran como anexo a esta resolución por orde decrecente de puntuación, por un importe total de 3.461.474,81 euros, coa seguinte distribución:

Aplicación orzamentaria

Ano 2018 (€)

Ano 2019 (€)

Ano 2020 (€)

Ano 2021 (€)

Total (€)

09.A3.561A.781.0

(2016 00015)

94.992,98

873.264,90

984.666,43

863.279,07

2.816.203,38

09.A3.561A.744.0

(2016 00012)

1.800,00

183.579,90

206.171,03

253.720,50

645.271,43

Total

96.792,98

1.056.844,80

1.190.837,46

1.116.999,57

3.461.474,81

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: eixe 1, Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, prioridade de investimento 1.2, Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes, obxectivo específico 1.2.3, Fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes e actuación CPSO 1.2.3.2, Actividades de investigación e innovación para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos público-privados: centros mixtos de I+D+i.

O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 27 da resolución de convocatoria.

Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 26 da convocatoria nos prazos establecidos no punto 2 do citado artigo (modificado pola Resolución do 15 de outubro de 2018, publicada no DOG núm. 201, do 22 de outubro).

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Solicitudes concedidas

Nº expediente

Representante UMI

NIF

Integrantes

UMI

Denominación UMI

%
axuda

Feder

Orzamento

subvencionable Subvención

Ano 2018 (€)

Ano 2019
(€)

Ano 2020
(€)

Ano 2021
(€)

Total
(€)

Aplicación

orzamentaria

IN853A-2018/03

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnológico AIMEN

G36606291

AIMEN

Navantia, S.A. S.M.E.

Novos materiais e sistemas automatizados para fabricación avanzada con aplicación en buques militares-Nautilus

30 %

Si

Orzamento total

50.523,00

750.824,50

888.108,50

732.544,00

2.422.000,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

15.156,90

225.247,35

266.432,55

219.763,20

726.600,00

IN853A-2018/05

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

G15305923

ITG

Everis Aeroespacial y Defensa, S.L.U.

Aurus: Automatic Intelligent Services for U-Space

30 %

Si

Orzamento total

132.818,00

713.625,18

773.809,79

576.307,77

2.196.560,74

09.A3.561A.781.0

Subvención

39.845,40

214.087,55

232.142,94

172.892,33

658.968,22

IN853A-2018/01

Universidade de Santiago de Compostela

Q1518001A

USC

Financiera Maderera, S.A.

Economía circular da madeira cara a unha construción baixo-enerxética (UMI USC-PEMADE-FINSA)

30 %

Si

Orzamento total

6.000,00

611.933,00

687.236,75

845.735,00

2.150.904,75

09.A3.561A.744.0

Subvención

1.800,00

183.579,00

206.171,03

253.720,50

645.271,43

IN853A-2018/02

Fundación CTAG

G36871424

CTAG

Grupo Antolín Ingeniería, S.A.

E-SPACE: nova xeración de interiores de vehículos ante os futuros retos da mobilidade

30 %

Si

Orzamento total

76.175,00

678.872,00

767.148,00

744.090,00

2.266.285,00

09.A3.561A.781.0

Subvención

22.852,50

203.661,60

230.144,40

223.227,00

679.885,50

IN853A-2018/04

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnológico AIMEN

G36606291

AIMEN

ArcelorMittal Innovación Investigación e Inversión, S.L.

Tecnoloxías facilitadoras para a fabricación de produtos de aceiro-KETs4

30 %

Si

Orzamento total

57.127,28

767.561,34

853.155,14

824.655,14

2.502.498,90

09.A3.561A.781.0

Subvención

17.138,18

230.268,40

255.946,54

247.396,54

750.749,66