Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia do requirimento de documentación dos procedementos que se sinalan no anexo.
O acto obxecto de notificación foi adoptado pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 27 de setembro de 2018
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación.
Expediente |
Persoa interesada |
DNI/NIE |
15-BONAL-072/2016 |
Lakbir Ben Hedda |
.....066Q |
15-BONAL-106/2018 |
Marcos Jiménez Montoya |
.....679L |
15-BONAL-109/2018 |
Rosa María Fernández Fernández |
.....847R |
15-BONAL-113/2018 |
Josefa Díaz López |
.....673Y |
15-BONAL-118/2018 |
Carmen Brañas Rodríguez |
.....326A |
15-BONAL-120/2018 |
Manuel Rial Iglesias |
.....967P |