Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1091/2015, por instancia de Carlos Javier Pérez Iglesias contra a empresa Pinturas Espíritu Santo, S.L., sobre cantidade, en que se ditou sentenza que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Decido
Estímase a demanda interposta por Carlos Javier Pérez Iglesias contra a entidade Pinturas Espíritu Santo, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Pinturas Espíritu Santo, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de tres mil cento setenta e sete euros con cincuenta e seis céntimos (3.177,56 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.
Notifíqueselles esta resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Pinturas Espíritu Santo, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 26 de outubro de 2018
A letrada da Administración de xustiza