Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49444

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Feiraco, S. Coop. Galega

ANUNCIO de fusión de cooperativas.

Faise público, en conformidade co disposto no artigo 78.1.c) da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que por acordo da asemblea xeral da sociedade Feiraco, S. Coop. Galega, celebrada o día 7 de novembro de 2018, aprobouse a fusión de Feiraco, S. Coop. Galega, coas cooperativas Melisanto, S. Coop. Galega, Os Irmandiños, S. Coop. Galega; e Cooperativas Lácteas Unidas Clun, S. Coop. Galega, ao transformarse, esta última, nunha cooperativa de primeiro grao, e absorbendo así as súas cooperativas socias Feiraco, S. Coop. Galega, Os Irmandiños, S. Coop. Galega e Melisanto, S. Coop. Galega, todo iso de acordo co artigo 130.8 da Lei de cooperativas de Galicia.

Faise constar de forma expresa o dereito de separación dos socios e o dereito de oposición de acredores previsto nos artigos 80 e 81 da referida lei.

Ames, 7 de novembro de 2018

José Severino Montes Pérez
Presidente do Consello Reitor