O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador OU-00272-O-2018 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmase de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018
Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
Expediente Matrícula |
Persoa sancionada DNI/CIF |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
OU-00272-O-2018 3481-GYH |
Manuel Rodríguez Couñago 35935065A |
A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia se atribúan a consideración de infracción moi grave. 5.10.2017; 12.41; A-52; 202 |
Artigo 140.22 da LOTT |
Artigo 143.1.h) da LOTT |
2.001 euros |
OU-00277-O-2018 3481-GYH |
Manuel Rodríguez Couñago 35935065A |
A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando. 5.10.2017; 12.21; A-52; 202 |
Artigo 140.35 da LOTT |
Artigo 143.1.g) da LOTT |
1.001 euros |
OU-00280-O-2018 3481-GYH |
Manuel Rodríguez Couñago 35935065A |
A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando. 5.10.2017; 12.30; A-52; 202 |
Artigo 140.35 da LOTT |
Artigo 143.1.g) da LOTT |
1.001 euros |