En virtude do establecido no artigo 24 dos estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro, nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de novembro de dous mil dezaoito,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Inés Santé Riveira, como directora do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, quince de novembro de dous mil dezaoito
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda