Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49236

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 7 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e cantidade concedida.

O Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 102, do 30 de maio), na súa disposición adicional cuarta establece que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria asumirá, desde a súa constitución, as funcións e competencias atribuídas, en materia de formación, innovación e investigación e en materia de innovación tecnolóxica, á Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

A Resolución do 30 de agosto de 2018 (DOG núm. 117, do 17 de setembro) dá publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adoptado o día 29 de agosto de 2018, polo que se declara formalmente constituído o Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Mediante a Resolución do 29 de agosto de 2018 (DOG núm. 194, do 10 de outubro) adscríbense os órganos e unidades da Consellería do Medio Rural correspondentes á Subdirección Xeral de Formación e Innovación Agroforestal da Dirección Xeral de Ordenación Forestal á Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Segundo o disposto no artigo 18.1 da Orde do 7 de xullo de 2017, o órgano competente para ditar a resolución de concesión destas axudas é o conselleiro do Medio Rural. En virtude da disposición transitoria quinta do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, os expedientes iniciados polos órganos que se adscriben á Axencia, e non resoltos antes de súa posta en funcionamento, resolveraos o órgano competente da axencia pública autonómica Axencia Galega da Calidade Alimentaria, de acordo coa atribución de competencias establecidas polos estatutos.

Na súa virtude, a Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria,

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de xullo de 2017 pola que se convocan para o ano 2017 as axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Convocatoria:

Orde do 7 de xullo de 2017 (DOG núm. 136, do 18 de xullo) pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

Programa e crédito orzamentario:

Esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.561A.770.0 por un valor total de 1.773.272,00 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 177.327,00 euros en 2017, 975.300,00 euros en 2018 e 620.645,00 euros en 2019. Financiarase integramente con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2,5 %.

Finalidade:

Execución de apoio de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI).

Beneficiarios, proxectos e contías:

Nº expediente

Título

Beneficiario

CIF

Axuda concedida (euros)

2017

2018

2019

Axuda total

Feader 2017/049B

Solucións innovadoras para a xestión e valorización do sistema tradicional de cabalos bravos no monte

Asociación Rapa das Bestas

G36164XXX

2.999,00

10.103,93

23.688,33

36.791,26

Universidade da Coruña

Q65500XXX

82,00

15.523,44

14.177,43

29.782,87

Ingacal

Q15003XXX

0,00

11.698,40

1.198,40

12.896,80

3edata

B27476XXX

1.653,33

7.966,67

6.840,00

16.460,00

Feader 2017/005B

Implantación de sistemas de rega por aspersión empregando a fracción líquida de xurros de porco

Cooperativas Ourensanas, S.C.G.

F32001XXX

1.800,00

18.000,00

10.415,00

30.215,00

Centro Tecnolóxico da Carne

G32273XXX

3.700,00

20.400,00

13.880,70

37.980,70

Enxeñería e Xestión Agrorrural Azul e Verde

B32298XXX

1.500,00

10.000,00

5.511,80

17.011,80

Rosa Mary Fernández Ferreiro

349524XXX

1.499,35

5.455,05

1.169,00

8.123,40

Manuel Cid Quintas

347193XXX

1.000,00

3.592,38

1.394,92

5.987,30

Feader 2017/035B

Hamburguesas: morenas e verdes

Verín Biocoop. S.C.G.

F32237XXX

4.673,19

51.626,80

0,00

56.299,99

Centro Tecnolóxico da Carne

G32273XXX

5.250,00

29.550,00

0,00

34.800,00

Cons. Reg. Agricultura Ecolóxica de Galicia

V27218XXX

0,00

2.900,00

0,00

2.900,00

Unión de Cooperativas Agaca

F15156XXX

350,00

2.150,00

0,00

2.500,00

Feader 2017/021B

Estercosol: sistema de xestión de enerxética sustentable e recirculación de nutrientes para explotación

Unión de Cooperativas Agaca

F15156XXX

250,00

12.700,00

12.050,00

25.000,00

Ingacal

Q15003XXX

0,00

42.432,00

32.568,00

75.000,00

Feader 2017/003B

Evid. Prácticas innovadoras para combater as enfermidades da vide

Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga)

G15051XXX

1.626,31

10.130,72

8.330,72

20.087,75

Bodegas Godeval, S.L.

B32022XXX

2.217,00

11.800,00

11.800,00

25.817,00

Universidade de Santiago de Compostela

Q15180XXX

2.350,18

2.125,00

2.470,00

6.945,18

Ingacal

Q15003XXX

3.000,00

24.195,00

19.550,00

46.745,00

Feader 2017/024B

Novos aproveitamentos micolóxicos para a obtención de productos innovadores nos soutos tradicionais de castiñeiro

Intega Enxeñería e Medioambiente, S.L.

B32385XXX

3.950,00

22.000,00

13.500,00

39.450,00

Ivon Duo Suárez

348991XXX

350,00

2.150,00

1.400,00

3.900,00

Limia Xestión, S.C.G.

F32270XXX

2.500,00

14.000,00

8.500,00

25.000,00

Universidade de Vigo

Q86500XXX

3.000,00

18.000,00

9.000,00

30.000,00

Feader 2017/062B

Aproveitamento do metano nas granxas de vacún

Unión de Cooperativas Agaca

F15156XXX

1.005,00

33.032,67

17.424,45

51.462,12

Universidade de Vigo

Q86500XXX

1.000,00

4.974,08

4.000,00

9.974,08

Sanvicor, S.A.

A36619XXX

500,00

2.487,04

2.000,00

4.987,04

Energylab

G27719XXX

2.925,67

17.457,22

8.777,01

29.159,90

SAT San Miguel

V27235XXX

397,44

1.977,64

1.589,76

3.964,84

Feader 2017/045B

Desenvolvemento tecnolóxico de procesos para o sector da pataca

Droguería Agrícola, S.L.

B32012XXX

3.250,00

20.100,00

11.400,00

34.750,00

IXP Pataca de Galicia

Q77550XXX

4.148,00

10.074,00

4.148,00

18.370,00

Universidade de Vigo

Q86500XXX

1.544,00

25.338,90

13.278,95

40.161,85

Feader 2017/006B

Novos sistemas de manexo e implantación dun sistema de clasificación de canais de porco celta

Tres Fuciños, S. Coop. Galega

F70511XXX

4.920,50

28.040,00

15.625,00

48.585,50

Centro Tecnolóxico da Carne

G32273XXX

3.300,00

19.800,00

10.555,00

33.655,00

Asoporcel

G27243XXX

0,00

4.612,50

4.267,50

8.880,00

Unión de Cooperativas Agaca

F15156XXX

0,00

4.465,00

4.265,00

8.730,00

Feader 2017/014B

Eurel: produción dun leite competitivo respectuoso co medio mediante a utilización de ferramentas de apoio e técnicas para un uso eficiente dos recursos da explotación leiteira

Unión de Cooperativas Agaca

F15156XXX

3.670,00

13.388,70

11.672,05

28.730,75

Ingacal

Q15003XXX

627,16

16.141,39

16.181,38

32.949,93

Cooperativa Agraria Provincial da Coruña

F15000XXX

3.017,75

5.130,60

5.130,60

13.278,95

Feader 2017/057B

Control e valoración da eficiencia das explotacións gandeiras para a produción sustentable de leite

Cerna Ingeniería y Asesoría Medioambiental, S.L.P.

B27284XXX

2.402,20

11.459,90

10.408,80

24.270,90

Asimov Efficiency, S.L.

B70477XXX

2.937,75

12.302,10

8.637,65

23.877,50

Finca A Cortiña, SAT

V15836XXX

718,75

7.187,50

7.187,50

15.093,75

Universidade de Santiago de Compostela

Q15180XXX

2.500,00

10.000,00

12.500,00

25.000,00

Asociación Agraria de Galicia

G9411XXX

1.000,00

4.600,00

4.400,00

10.000,00

Feader 2017/013B

Aplicación de novas técnicas para o control do nematodo dourado da pataca na comarca da Limia

Adegal

G32440XXX

2.200,00

13.209,41

6.829,00

22.238,41

Centro Tecnolóxico da Carne

G32273XXX

5.100,00

33.494,11

13.450,00

52.044,11

Avelino Santana García

444458XXX

1.300,00

8.016,48

4.050,00

13.366,48

Feader 2017/038B

Implantación da alimentación cociñada con base de produtos agro-silvo-pastorís para o gando porcino

Lebaste, S.C.

J27477XXX

5.200,00

31.250,00

16.875,70

53.325,70

Centro Tecnolóxico da Carne

G32273XXX

3.400,00

19.800,00

11.928,30

35.128,30

Universidade de Vigo

Q86500XXX

0,00

6.000,00

4.234,80

10.234,80

Feader 2017/056B

Aplicador autónomo

Kiwi Atlántico, S.A.

A36681XXX

2.920,00

6.945,00

9.740,00

19.605,00

Conejos de Angora de Galicia, S.L.

B15139XXX

2.300,00

2.300,00

10.062,50

14.662,50

Fortop Topografía, S.L.U.

B15632XXX

2.376,65

25.152,00

12.523,70

40.052,35

Ingacal

Q15003XXX

0,00

23.880,00

1.800,00

25.680,00

Feader 2017/018B

Valorización de residuos na comarca do Deza

Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega

G15917XXX

3.231,00

26.945,00

19.641,00

49.817,00

Universidade de Santiago de Compostela

Q15180XXX

2.505,00

15.030,00

7.515,00

25.050,00

Federación Galega de Medioambiente

G70138XXX

3.622,00

13.358,00

7.686,00

24.666,00

Feader 2017/081B

Vivedepur: viveiro de plantas macrófitas autóctonas de Galicia para plantas depuradoras

Ecocelta Galicia, S.L.

B36449XXX

3.019,00

23.948,40

22.806,00

49.773,40

Ingacal

Q15003XXX

0,00

12.487,60

8.335,21

20.822,81

Feader 2017/042B

Xestión sustentable dos recursos naturais mediante a combinación de cultivos de entrada rápida en produción (fabes) con cultivos que producen máis tardiamente (maceira e aguacate)

Vivaz Plant, SAT

V94116XXX

7.935,35

40.304,86

21.714,33

69.954,54

Centro Tecnolóxico da Carne

G32273XXX

829,35

9.835,00

4.400,00

15.064,35

Universidade de Santiago de Compostela

Q15180XXX

735,30

5.130,00

2.565,00

8.430,30

Feader 2017/022B

Leite+valor: valorización do leite de vaca en Galicia con sistemas de baixo carbono

Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite

G15228XXX

9.983,93

21.385,21

22.126,97

53.496,11

Ingacal

Q15003XXX

0,00

7.727,08

25.181,63

32.908,71

Ugasma, S.C.G.

F15017XXX

0,00

12.350,18

350,00

12.700,18