Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 25 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento (expediente LU-29646).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se ignora o lugar da notificación, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo que se notifica, a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Servizo de Recursos Especializados para a Discapacidade, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselle á persoa interesada que disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da notificación do acto, para presentar as alegacións, documentos e xustificacións que xulgue pertinentes de conformidade co disposto no artigo 41 da Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG nº 91, do 14 de maio).

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Expediente: LU-29646.

Persoa interesada: Salvador García Sánchez.

DNI: ****8101L.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento. Artigo 41 da Orde do 16 de abril de 2014.