Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49284

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración (DSP 503/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 503/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Castro Pombo contra Costura Invisible, S.L. e outros, con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou, con data 23.10.2018, auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«1. Aclarar a sentenza ditada con data do 17 de outubro de 2018 nos seguintes termos:

Fundamentos de dereito: “En virtude do anterior, a indemnización que lle corresponde á demandante é de 21.565,86 euros, e os salarios de trámite deben ascender á suma de 19.535,12 euros (562 x 34,76 euros de salario día)”.

A resolución da sentenza 2º. “A indemnización que deberán aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 21.565,86 euros”.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil, XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L. e Ac de Confecciones Fraga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza