Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49226

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fan públicas a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e de funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar os días 12 e 13 de decembro de 2018 en Barcelona.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello
de Comunidades Galegas, que terá lugar os vindeiros 12 e 13
de decembro en Barcelona

1. Constitución da Comisión e apertura da sesión.

2. Exposición da memoria de actividades da Secretaría Xeral da Emigración do ano 2018.

3. Presentación da Estratexia Retorna 2020.

4. Presentación da Estratexia Emigración 2020.

5. Presentación das liñas de actuación en materia de emigración e retorno para o ano 2019.

6. Rolda de intervencións libres.

7. Clausura da reunión.