Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49277

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 148/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 148/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Abalde Grela contra Transyband, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 148/2017, seguidos por instancia de Rosa María Abralde Grela, representada polo letrado Manuel Comendador Rey, contra a entidade Transyband, S.L.

Resolución:

Estímase a demanda presentada por instancia de Rosa María Abralde Grela contra a entidade Transyband, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 33.490,72 euros como cantidades debidas en concepto de indemnización legal por despedimento obxectivo e salarios debidos, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, que se deberá presentar no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación da presente sentenza, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo da consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e os requisitos previstos nos artigos 190 e 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transyband, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza