Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2018 Páx. 49075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (587/2017).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no PO 587/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Darío Bastón Abalde contra a empresa Seguridad Integral Canaria, S.A., sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 31.5.2018, que se encontra á súa disposición na oficina xudicial, contra a cal non cabe ningún recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad Integral Canaria, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza