De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola instrutora do procedemento sancionador.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 4 de outubro de 2018
Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
LU-RES 2018/028 |
Segar Viorel Marin |
Proposta de resolución |