De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, do 1 de outubro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.
Os titulares dispoñen dun prazo de quince (15) días para faceren as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial da Coruña.
A Coruña, 31 de outubro de 2018
María del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Establecemento: café bar Las Gaviotas.
Titular: Francisco Lado Blanco.
Enderezo: praia Ornanda, Miñortos.
Concello: Porto do Son.
Establecemento: café bar La Sirena.
Titular: Residencias México, S.L.
Enderezo: praia Ornanda.
Concello: Porto do Son.
Establecemento: café bar Sésamo.
Titular: Nieves Pato Gómez.
Enderezo: rúa Santiago de Chile, 27-29.
Concello: Santiago de Compostela.