En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización dunha encomenda de xestión, tramitada pola entidade pública Portos de Galicia, para a execución do seguinte servizo:
Realización dos traballos de diagnóstico, avaliación e proposta dun sistema de información xeográfica para Portos de Galicia, así como a formación técnica para o manexo dos programas informáticos necesarios.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.
b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.
c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.
d) Clave do expediente: 1/2018/CNTENC.
2. Obxecto da encomenda.
Descrición do obxecto: realización dos traballos de diagnóstico, avaliación e proposta dun sistema de información xeográfica para Portos de Galicia, así como a formación técnica para o manexo dos programas informáticos necesarios.
3. Formalización da encomenda.
a) Data de formalización da orde de execución: 30 de outubro de 2018.
b) Data de publicación no perfil de contratante: 5 de novembro de 2018.
c) Entidade (medio propio instrumental da Xunta de Galicia): Instituto de Estudos do Territorio (IET).
d) Nacionalidade: española.
e) Orzamento de execución pola Administración a través do IET: 22.628,60 euros. Non se aplica o IVE.
f) Financiamento: esta encomenda financiarase con cargo ao orzamento de Portos de Galicia, dentro da súa partida orzamentaria denominada 22701. Outros servicios.
g) Prazo de execución: catro (4) meses, contados desde a data de sinatura da orde de execución.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2018
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia