Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 4 de outubro de 2018, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada ditado no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-00648-O-2015.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do recurso de alzada presentado no expediente sancionador PO-00648-O-2015 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobro pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2018

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

PO-00648-O-2015

8834-FCN

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Non levar a bordo do vehículo o certificado de conformidade deste, posuíndoo.

18.12.2014; 8.20; PO531; 4,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201

Desestimado