Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados polas expropiacións pola obra Conexión CG 1.5 en Sampaio-Portobravo (clave AC/12/031.01).

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra Conexión CG 1.5 en Sampaio-Portobravo (clave AC/12/031.01), no concello de Noia que se relacionan no anexo.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.

A contía pagadoira será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN e BIC) dentro dos quince (15) días naturais, no cal todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no devandito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acredite suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na caixa xeral de depósitos.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica no enderezo https://sede.xunta. gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o domicilio, ou ben a quen, tentada a súa notificación, non se lle puido practicar.

A Coruña, 2 de outubro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Predio

Letra

Apelidos

Nome

86

Filgueira Liboreiro

Mª Dolores e outros

89

Filgueira Liboreiro

Mª Dolores e outros

92

Filgueira Liboreiro

Mª Dolores e outros

94

Filgueira Liboreiro

Mª Dolores e outros

77

Hermo Rey

José Primitivo

51

Martínez Gómez

Isolino

4

Martínez Vieites

Mª Esther e outros

5

Martínez Vieites

Mª Esther e outros

6

Pais Agrafojo

Alicia

7

Pais Agrafojo

Alicia

49

Reino Romero

Enrique e outra

118

Siso Blanco

Hdros. Benito

125

Tajes Martínez

Ramón e José Antonio