Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48622

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 30 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 153, do 10 de agosto de 2018, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 37289, no punto 4 do artigo 15, onde di:

«O importe máximo elixible situarase en 100.000 euros por proxecto de cooperación».

Debe dicir:

«O importe máximo de axuda situarase en 100.000 euros por proxecto de cooperación».