Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola obra proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-130, treito Mugardos-Ares, punto quilométrico 0+320-3+980, clave AC/16/085.06, no concello de Ares.

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-130, treito Mugardos-Ares, p.q. 0+320-3+980, clave AC/16/085.06, no concello de Ares, que se relacionan no anexo.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.

A contía que se deberá pagar será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN), dentro dos quince (15) días naturais, no cal todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no dito prazo non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acreditase suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo de Infraestruturas da AGI da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 8ª planta, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica no enderezo
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o seu domicilio ou ben a quen, tentada a súa notificación, non se puido efectuar.

A Coruña, 28 de setembro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Predio

Letra

Apelidos

Nome

46

 

Otero Barreiro

José Luis

47

Riveiros Ares

María Rogelia

50

Criado Fariña

Fernando Luis

53

Permuy Fernández

Gumersindo

54

Otero Barreiro

Juan Manuel

54

A

Permuy Fernández

Gumersindo

60

Ares Leira

Nicolás

60

Vilar Brage

Antonia

61

Barreiro Ares

Elena

62

Barreiro Ares

Elena

64

Leiro García

Ramón

64

Monteagudo Rodríguez

María Dolores

65

Castro Mayobre

Josefina

65

Castro Martínez

Eduardo

65

Castro Martínez

José Miguel

65

Castro Martínez

Luis

65

Castro Martínez

David

67

Villares Seoane

Josefina

67

Calaza Villares

Lucía

67

Calaza Villares

Juan Carlos

68

Iglesias García

Julio Antonio

68

Redondo Teijeiro

María Antonia

71

Cristobo Rodríguez

Miguel Antonio

71

Leiro Monteagudo

Edurne

76

García Carballeira

Antonio Agustín

77

Portela Arzúa

Rafael

80

Rodríguez Montero

Francisco

81

Carpente Pérez

Ángela María

83

Lorenzo Montero

José Valentín

84

Portela Martínez

Alfonso

84

Portela Martínez

Isidro

84

Portela Martínez

Victoria Eugenia

106

Promotora Viviendas Urbanas, S.L.

117

Martínez González

Juan Carlos

117

Fuciños Carpente

María Pilar

118

Fernández Ferro

Ángel

118

Paz Paredes

Josefa Teresa

119

Freijomil Pazos

María Carmen