Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouno o xefe territorial de Pontevedra.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 2 de outubro de 2018
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
NIF |
Acto obxecto de notificación |
ES-P-0065/18 |
Promociones Gesvinor, S.L. |
B-32225203 |
Acordo de inicio |