Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 de Málaga

EDICTO (PO 1192/2017).

Eu, Luciana Rubio Bayo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 de Málaga, fago saber que nos autos seguidos neste xulgado baixo o número 1192/2017 por instancia da parte demandante Francisco Florido Navarro contra Quepidohoy, S.L. e o Fogasa, sobre procedemento ordinario, ditouse resolución do teor literal seguinte:

Sentenza número 273/2018.

En Málaga o tres de xullo de dous mil dezaoito.

Vistos por Victoria Gallego Funes, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 6 de Málaga, os precedentes autos número 1192/2017 seguidos por instancia de Francisco Florido Navarro, representado polo/a letrado/a Sr./Sra. de los Riscos, fronte á entidade Quepidohoy, S.L., que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda orixe das presentes actuacións, promovida por Francisco Florido Navarro fronte á entidade Quepidohoy, S.L., sobre reclamación de cantidade, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe ao demandnte a cantidade de 912,53 euros, máis o xuro moratorio do 10 % sobre os conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa en legal forma, facéndolles saber ao mesmo tempo que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará certificación aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Dilixencia de publicación. A anterior resolución foi ditada o día da súa data pola maxistrada que a subscribe. Dou fe.

E para que sirva de notificación ao demandado Quepidohoy, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto, sentenza, ou se trate de emprazamentos.

Málaga, 2 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza