Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Beán-Pereira (Ordes, A Coruña), para seren notificados por comparecencia de resolucións que os afectan.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), os interesados da zona de concentración parcelaria de Beán-Pereira (Ordes, A Coruña), que se relacionan no anexo, para seren notificados de resolucións que os afectan.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro das resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 25 de outubro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 4.9.2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Interesado: Antonio Mira Castro.

Acto notificado: Resolución do 13.9.2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Interesada: Dolores Sánchez Botana.